Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Rueda recibe a alta e estará dispoñible para o Celta-Nacional, ofrecido pola TVG

Javi Rueda recibe a alta e estará dispoñible para o Celta-Nacional, ofrecido pola TVG

O xogador malagueño levaba lesionado desde finais da tempada pasada, cando sufriu unha rotura fibrilar

G24.gal 21/07/2025 15:15 Última actualización 21/07/2025 15:39

O futbolista do Celta Javi Rueda recibiu a alta e estará dispoñible por primeira vez esta pretemporada, para o terceiro amigable do cadro celeste, este martes ante o Nacional da Madeira.

O xogador malagueño levaba lesionado desde finais da tempada pasada, cando sufriu nun adestramento co Albacete, onde estaba cedido, unha rotura fibrilar no recto anterior dereito que agora deixa atrás.

A recuperación de Rueda é a única novidade nun parte médico no que seguen outros catro futbolistas que serán baixas para o partido deste martes. Nun adestramento sufriu Iago Aspas unha sobrecarga no xemelgo dereito, mentres que Joseph Aidoo xa foi baixa en ambos os duelos por molestias no xemelgo dereito.

O encontro poderá seguirse pola TVG e por AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos