Jaime cre que un psicólogo sería de moita axuda para o Deportivo
O central deportivista tamén entende as críticas da afección: "É normal que nos esixan"
O factor emocional leva anos sendo un rival máis para un Deportivo que sempre sente lonxe do lugar que lle corresponde. Pero no fútbol non hai atallos e esas ansias por volver necesitan ser controladas. E cando os xogadores non poden por si mesmos, como apunta Jaime, acudir en busca de axuda profesional dun psicólogo pode ser un bo paso:
“Si, por suposto, é unha das cousas necesarias. Moitos temos psicólogo fóra, pero xente que se cadra non se animou ou non lle dá tanta importancia, sería bo que houbese un aquí no club para axudar nestes casos. Sobre todo en situacións que non empezas ben, é de moita axuda e sería importante”.
Jaime tamén entende as críticas da afección:
"É normal que nos esixan. Isto é o Deportivo. Sabemos onde estamos, hai que asumilo e darlle a volta... e xa está".