Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irene Montero deixa a "política institucional" tras non conseguir escano con Podemos

Irene Montero deixa a "política institucional" tras non conseguir escano con Podemos

A eurodeputada e cabeza de lista de Podemos avisou de que a maioría social vai sufrir as consecuencias dos resultados do 29N: as mulleres, os inmigrantes, os pensionistas, os estudantes, os inquilinos e os pacientes da sanidade pública.

A candidata por Podemos, Irene Montero, comparece ante a prensa e simpatizantes tras coñecer os resultados electorais (EFE/Borja Sánchez-Trillo)
G24.gal 29/11/2026 23:36 Última actualización 29/11/2026 23:53

A eurodeputada e cabeza de lista de Podemos por Madrid, Irene Montero, anunciou que abandona "a política institucional" e o seu escano no Parlamento Europeo despois de non conseguir nestas eleccións volver ao Congreso e admitir que os resultados para a formación morada foron "moi malos".

Nunha breve comparecencia na sede de Podemos tras coñecer os resultados do 29N, lamentou que a dereita gañase as eleccións e subliñou que é "unha noite de tristeza, de rabia, de medo".

Advertiu de que veñen tempos "peores" e de que por iso é imprescindible utilizar "todas as ferramentas de loita que nos deixaron as nosas avoas para facer fronte ao horror". Avisou de que a maioría social vai sufrir as consecuencias: as mulleres, os inmigrantes, os pensionistas, os estudantes, os inquilinos e os pacientes da sanidade pública.

Montero dixo que seguirá loitando como militante para crear espazos "seguros" co fin de reorganizarse e volver vencer a dereita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade