Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inxusto castigo para o Coruxo, que queda sen ascenso

Inxusto castigo para o Coruxo, que queda sen ascenso

Os de Jacobo Montes gozaron das mellores ocasións pero non atoparon o gol

Aguantaron ata a expulsión de Yousseff e o Penya Deportiva levou o partido na prórroga

G24.gal 22/05/2022 22:07

O Coruxo mereceu moito máis ante da Peña Deportiva, pero acabou caendo na prórroga (2–0) e despídese da opción de ascenso. A expulsión de Youssef no último minuto do partido marcou a eliminatoria.

Iso e a falta de eficacia dos vigueses. O equipo de Jacobo Montes puxo o fútbol e as ocasións. Luicas Puime atopouse co traveseiro no minuto 11 e Youssef no 23 mandou un remate co calcaño ao pau. Jacobo Trigo e Chiqui tamén estiveron moi preto do gol nunha primeira metade en que o Coruxo mereceu marchar en vantaxe. 

A segunda comezou do mesmo xeito. Co equipo galego dominando e con oportunidades. As mellores, nas botas de Jacobo Trigo e Antón. O primeiro tiro da Peña Deportiva á porta foi no minuto 81 e pouco despois chegou a xogada que definiría o partido. Youssef foi expulsado con cartón vermello directo nunha acción moi discutible. 

Para colmo de males, nada máis principiar a prórroga Sergio Chinchilla anotou o primeiro do partido. O Coruxo precisaba dous goles e xa non tivo forza para xerar unha resposta. O que marcou o segundo foi Ramón López (minuto 107), deixando o partido sentenciado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade