Cargando resultados...
Investigan a caída dunha persoa dende o terceiro andar dun edificio en Vigo
Investigan a caída dunha persoa dende o terceiro andar dun edificio en Vigo
Ocorreu contra as tres da madrugada na rúa Coruña

G24.gal
02/07/2022 10:30
Unha persoa precipitouse desde o terceiro andar dun edificio, na zona do patio interior, na cidade de Vigo, concretamente na rúa Coruña.
Segundo a información recibida no 112 Galicia, contra as tres da madrugada os Bombeiros rescataron a persoa, que foi trasladada polos servizos sanitarios.
Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Policía Nacional e Local. Agora, as forzas da orde tentan esclarecer as causas da caída.