Publicador de contidos

Publicador de contidos

Infantino ofrece a Marrocos acoller a final do Mundial 2030

Infantino ofrece a Marrocos acoller a final do Mundial 2030

O xornal británico The Times avanza esta información

Entre as intencións do presidente da FIFA, gañar apoios nun momento delicado

EFE EFE
G24.gal 05/08/2026 20:18

É unha nova que avanzaba o xornal británico The Times e pola que Gianni Infantino tería ofrecido á federación marroquí celebrar no seu país a final do Mundial do 2030. O país africano organiza a vindeira edición do Mundial xunto con España e Portugal e todo apuntaba a que sería Madrid, a capital española, a que acollería a final. 

Gianni Infantino, presidente da FIFA, vive o seu momento máis delicado no posto, logo de que organizacións de futbol de todo mundo, como a UEFA, rexeitaran o seu plan de privatizar e capitalizar parte da organizacion do maior campionato de seleccións. Este movemento podería responder a unha busca de apoios e un achegamento á federación marroquí. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade