Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iberdrola porá en pleno funcionamento o maior parque eólico mariño dos EUA

Iberdrola porá en pleno funcionamento o maior parque eólico mariño dos EUA

O parque Vineyard Wind I ten unha capacidade de 806 MW e abastecerá o estado de Massachusetts

A enerxía eólica mariña é unha das grandes apostas de Iberdrola A enerxía eólica mariña é unha das grandes apostas de Iberdrola
G24.gal 04/01/2024 12:20

Vineyard Wind I é o nome que recibe o parque eólico mariño máis grande dos EUA, cunha capacidade de 806 MW. Iberdrola é a empresa que está detrás de este proxecto, o primeiro a grande escala desta tecnoloxía no país. Abastecerá de electricidade eólica máis de 400.000 fogares do estado de Massachusetts.

O parque comezou a súa construción en 2021 e estará en pleno funcionamento este mesmo ano, evitando a emisión de máis de 1,6 millóns de toneladas de CO2 ao ano, o equivalente a retirar 325.000 vehículos das estradas.

Este proxecto contou con 3.000 millóns de dólares de investimento (máis de 2.700 millóns de euros ao cambio actual) .

"Estamos a entregar a primeira enerxía eólica mariña limpa á rede de Massachussets. Estamos nun momento decisivo para a acción climática nos Estados Unidos e estamos a vivir un amencer para a industria eólica mariña do país", subliñou Pedro Azagra, conselleiro delegado de Avangrid (filial estadounidense de Iberdrola).

En xullo de 2023 terminouse a instalación da subestación mariña, que dará servizo a todo o proxecto de Vineyard Wind I. É a primeira subestación deste tipo instalada por Iberdrola nos Estados Unidos e a sexta no mundo, cun peso maior ás 5.000 toneladas, o que a converte na máis grande que instalou a compañía na súa historia.

Deste xeito, a compañía ten asegurado o cumprimento do seu plan a 2025, cando alcanzará os 3.100 MW en operación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade