Cargando resultados...
Ibai Gómez, unha incorporación de renome para o Deportivo
O interior vasco estivo durante dez temporadas en Primeira co Athlétic e o Alavés
G24.gal
27/07/2022 20:09
O Deportivo pechou unha fichaxe desas que chaman a atención. Un xogador con máis de douscentos partidos en Primeira: Ibai Gómez.
Chega da liga de Irán, de xogar a Champions asiática e faino coa carta de liberdade. O currículo fala por el: canteirán do Athletic de Bilbao, debuta co primeiro equipo, sae do Alavés, onde fai dúas campañas moi boas, e despois volve ao Athletic. Extremo esquerdo desequilibrante, case 33 anos, xoga a perna cambiada porque a súa perna boa é a dereita. Chega para marcar diferenzas e axudar o equipo a volver ao fútbol profesional.