Iano Simão terá ficha co primeiro equipo do Deportivo
O lateral esquerdo non podía alternar co Fabril e o Deportivo ao non ser sub-23

O lateral esquerdo Iano Simão terá ficha co primeiro equipo. Era titular indiscutible no Fabril e xa fixera adestramentos co Deportivo, pero non podía alternar ao non cumprir a condición de sub-23.
O rendemento de Retuerta, que pode saír neste mercado, e a presenza de Balenziaga como única opción, fixo que a dirección deportiva se decantase polo xogador de Guinea Bisau como a alternativa máis segura para esa posición na parte zurda da defensa.
Para o Fabril o club incorporou a Álvaro Baladía, do Vilarreal C, que pode xogar nesa posición. No caso de marchar Retuerta habería que incorporar un sub-23 e o club medita facerlle tamén ficha do primeiro equipo a Mella pero só se produciría no caso de completarse a saída.