Iago Aspas: "Este é o camiño que hai que seguir, ser valentes e cara arriba"
O dianteiro de Moaña destacou as grandes paradas de Ter Stgen
O Celta gozou de suficientes ocasións para empatar e, se cadra, para gañar no Camp Nou:
"Fixemos unha gran segunda parte, con moitas ocasións, quitou (Stegen) dúas ou tres moi claras. Este é o camiño a seguir, ser valentes e cara arriba"
Iago Aspas, dianteiro do Celta, considerou que "o empate quedoulles curto" tras perder por 1-0 ante o Barcelona, que se impuxo cun gol de Pedro González 'Pedri' no primeiro tempo"
Tivemos unha segunda parte con catro ou cinco oportunidades claras e eles acabaron perdendo tempo. Pero se non marcas no Camp Nou é imposible levarche nada. De todas as maneiras, estou orgulloso do traballo feito polos meus compañeiros esta noite", engadiu
Doutra banda, recoñeceu que o pero momento para o seu equipo foron "os primeiros 15 minutos", en que "se botou atrás" e acabou chegando o gol de Pedri.
"Pero corrixímolo tras o descanso e melloramos", seguiu explicando Aspas.