Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iago Aspas está convocado, pero só xogará con "espírito de sacrificio"

Iago Aspas está convocado, pero só xogará con "espírito de sacrificio"

Segundo o técnico do Celta: "Se esperamos unha recuperación plena, non xogaría máis"

Carvalhal convoca a Hugo Sotelo e volve á convocatoria, cumprida sanción, Renato Tapia

Os capitáns do Celta fan un chamamento a afección

G24.gal 22/05/2023 13:35 Última actualización 22/05/2023 18:23

Iago Aspas está na lista de convocados para o importante encontro deste martes ante o Xirona pero será dúbida ata última hora.

De feito, haberá que esperar ata instantes antes do comezo do partido e ver as sensacións do futbolista, afectado de problemas de costas desde hai tempo e que xa lle impediron xogar o sábado en Santo Mamés.

"Se esperamos unha recuperación plena, non xogaría máis. Para xogar, ten que ser con espíritu de sacrificio, algo que vén facendo nas últimas tempadas", dixo o técnico do Celta.

Ademais da dúbida do dianteiro, Carlos Carvalhal non poderá contar con Fran Beltrán por lesión -primeiro partido de Liga que se perde o mediocampista- e co sancionado Luca da Torre. Pola contra, volve á convocatoria, cumprida sanción, Renato Tapia. Ademais, entra na lista o canteirán Hugo Sotelo.

O Celta necesita imperiosamente un triunfo para certificar a permanencia, algo que se lle resiste tras encaixar catro derrotas consecutivas.

"O que esta para atrás non conta para nada. Só conta o que está para diante. Para atrás non podemos facer nada".

Os capitáns do Celta fan un chamamento a afección para o decisivo partido ante o Girona:

Hugo Mallo: "Temos ao noso xogador número 12"

Iago Aspas: "Moita calma, tranquilidade e sendo positivos"

Kevin Väzquez: "Sabemos os erros que cometemos"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade