Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iago Aspas e Borja Iglesias, goleadores en estado de graza

Iago Aspas e Borja Iglesias, goleadores en estado de graza

Borja leva catro goles e Iago tres

Nesta xornada tamén marcaron Joselu e Brais Méndez

Foto postofasia.com
G24.gal 29/08/2022 16:50 Última actualización 29/08/2022 17:13

O fútbol galego está de parabéns. Quen diría que Iago Aspas ten 35 anos. Leva tres goles nos tres primeiros partidos de liga. En Xirona marcou o gol do triunfo.

Na Real Sociedade, Brais Méndez caeu de pé. Titular no conxunto donostiarra e facendo en Elxe o seu primeiro gol coa Real.

Pero agora mesmo o mellor goleador da liga é Borja Iglesias. Indiscutible no Betis, o santiagués leva 4 goles en tres partidos.

E nesta xornada tamén marcou Joselu. Dous goles leva o de Silleda no seu novo equipo, o Español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos