Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hugo Mallo: "Penalti? Para min, penaltiño"

Hugo Mallo: "Penalti? Para min, penaltiño"

O capitán do Celta non estivo conforme con penalti que lle deu a vitoria ao Xetafe

Foto EFE
G24.gal 04/05/2023 16:03 Última actualización 04/05/2023 16:10

Hugo Mallo, capitán do Celta, afirmou tras perder 1-0 ante o Xetafe cun tanto de Enes Ünal desde os once metros, que o penalti que marcou o xogador turco foi un "penaltiño":

"Derrota moi dura. Hai que ser conscientes de que non está todo feito. Tiñamos que competir diferente aquí. Colléronnos nos primeiros minutos. Penalti? Para min, penaltiño e 1-0. E o Xetafe a defender todos atrás. E aí cústanos un mundo".

Mallo lembrou que no Celta sabían como é o Xetafe e "máis co estilo Bordalás" e explicou que aínda que sabían o que podían atoparse no Coliseum Alfonso Pérez non foron capaces de contrarrestar ao seu rival: 

"Cun gol en contra no minuto 1 a remolque como un equipo como o Xetafe, que sabe xogar as súas bazas, non fomos capaces. Mérito do Xetafe, que sabe defenderse", sinalou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar