Hugo Mallo cre que non levar a Aspas á selección é pegar un tiro no pé
"Luis Enrique ten a súa idea. Os números de Iago son estratosféricos. O que non sexa que estea na lista é complicado de entender para o afeccionado ao fútbol. Se non está na lista sería pegar un tiro no pé".
"Leva tempo dando pasos de xigante. Está chamado a ser o substituto dos Iago, Hugo e compañía. A curto ou medio prazo debería dar alegrías. Tamén hai que ter calma e axudalo a medrar".
O capitán do Celta, Hugo Mallo, destacou esta tarde en conferencia de prensa a importancia do duelo ante o Atlético de Madrid do sábado, "como todos os de Primeira", aínda que partindo de que é un campo que non se lles dá ben:
"Imos coa máxima ilusión de gañar, facer un bo traballo e sacar os tres puntos"
Mallo referiuse tamén á máis que probable ausencia de Iago Aspas no Mundial despois de tres anos:
"Luis Enrique ten a súa idea. Os números de Iago son estratosféricos. O que non sexa que estea na lista é complicado de entender para o afeccionado ao fútbol. Se non está na lista sería pegar un tiro no pé".
Outro nome propio polo que se lle preguntou foi o de Gabri Veiga:
"Leva tempo dando pasos de xigante. Está chamado a ser o substituto dos Iago, Hugo e compañía. A curto ou medio prazo debería dar alegrías. Tamén hai que ter calma e axudalo a medrar".