Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carmela Silva presidirá o PSdeG baixo a dirección de Formoso

Carmela Silva presidirá o PSdeG baixo a dirección de Formoso

Caballero cuestiona a democracia interna da nova dirección do PSdeG

A nova dirección intenta pechar as supostas diferenzas co PSOE de Vigo 

Pedro Sánchez clausura hoxe o encontro 

EFE/ Labandeira jr
G24.gal 07/12/2021 08:22

Carmela Silva, actual presidenta de la Deputación de Pontevedra, presidirá a nova dirección do PSdeG  baixo o liderado de Valentín González Formoso como se desvelou no Congreso que desenvolve o partido en Santiago. 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, estará na Vicesecretaría Xeral do PSdeG e o concelleiro da Facenda da Coruña, José Manuel Lage, será secretario de Organización. O alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela, encargarase da Política Municipal e a exedil socialista de Ourense, Marga Martín, levará Política Social.

Coa designación de Silva, a nova dirección pecha as supostas diferenzas co PSOE de Vigo, ante o milleiro de militantes que participan no congreso do PSdeG.

Pola mañá, na súa primeira intervención, Formoso pedira unidade no seo da formación e reiteraba que non sobra ninguén.

"Non podemos brindarlle as nosas nosas diferenzas a un presidente que non actúa como presidente dos galegos e que exerce de líder da oposición ao Goberno do Estado” nin tampouco a un “nacionalismo que se deita de noite sendo amable e se ergue proclamando a República independente de Galicia”, insistiu Formoso.

Fronte á imaxe de división interna que medrou tras as primarias, Formoso dixo que para conseguir gobernar en Galicia, o PSdeG non se pode resignar con que é un territorio do PP.

“Galicia non é de ninguén, é de quen a entenda, de quen a defenda”, proclamou o novo líder do partido que pediu “abrir esta casa para captar a enorme masa social progresista” que, ao seu xuízo, existe en Galicia.

E rematou cun pedimento.

“Saiamos fortes deste congreso, asumamos que somos responsables da nosa historia”.

O congreso evidenciou, porén, as discrepancias internas entre dúas correntes del partido. O exsecretario Gonzalo Caballero denunciou a falta de claridade democrática da nova dirección e anunciou unha lista alternativa, acusando a Formoso de non integrar a súa contorna e de poñer trabas ao funcionamento democrático interno.

“Eu quero un PSdeG forte pero tamén quero democracia interna”, dixo Caballero.

Os achegados a Formoso acusan a Caballero de non asumir a falta de apoios suficientes para seguir no cargo.

Ante a falta de acordo, os próximos ao portavoz parlamentario presentaron listas alternativas ao comité nacional e ao federal: a primeira encabezada pola deputada autonómica Noa Díaz e a segunda polo propio Gonzalo Caballero. A comisión organizadora da cita congresual non as dá por válidas: di que chegaron fóra de prazo e que presentan "múltiples irregularidades". Os impulsores avisan dunha posible "vulneración" da democracia interna se se rexeitan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade