Hombres G e Taburete, primeiros confirmados no festival Costa Feira de Sanxenxo
Hombres G e Taburete, primeiros confirmados no festival Costa Feira de Sanxenxo
O festival celebrarase entre o 25 de xullo e o 25 de agosto
As entradas para os grupos confirmados xa se poden adquirir na páxina oficial do festival
![Hombres G, un dos primeiros confirmados no festival Costa Feira, nun concerto en Madrid (EFE)](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20231229/hombresg-efe.jpg)
A segunda edición do festival Costa Feira, que se celebrará en Sanxenxo entre os días 25 de xullo e 25 de agosto, xa ten confirmadas dúas bandas que formarán parte do cartel. Taburete e Hombres G son as primeiras confirmadas.
Seguindo co modelo do ano pasado, os organizadores queren reunir a grandes nomes do panorama musical tanto nacional como internacional, que subirán ao longo dun mes, ao escenario do festival.
Os dous grupos confirmados pola organización do festival Costa Feira, ofrecerán en Sanxenxo os seus únicos concertos en Galicia do ano 2024.
A banda liderada por David Summers, Hombres G, actuará o sábado 3 de agosto no escenario do festival situado no polígono industrial de Nantes, á entrada do núcleo urbán de Sanxenxo.
A quenda de Taburete, o grupo integrado por Willy Bárcenas e Antón Carreño será o mércores 21 de agosto, onde presentarán tamén o seu sexto álbum de estudo.
As entradas xa se poden adquirir na páxina oficial do festival Costa Feira.