Hernán Pérez deixa de ser o adestrador do Lugo
Hernán Pérez deixa de ser o adestrador do Lugo
A derrota diante do Andorra por 4-0 fai que a directiva busque un revulsivo en forma de técnico
A aventura de Hernán Pérez no Lugo durou dezaseis xornadas. Os malos resultados e a derrota contundente no último partido diante do Andorra esgotou a paciencia da directiva presidida por Tino Saqués, que buscará un revulsivo en forma de adestrador.
O asturiano chegou procedente do equipo xuvenil do Real Madrid esta mesma temporada despois das boas temporadas de Rubén Albés. Cun cadro de xogadores máis limitado que nos últimos anos o comezo foi bo con dous triunfos nas catro primeiras xornadas.
Pronto comezaron os problemas ao acumular sete xornadas sen gañar ata o triunfo diante do Burgos, o terceiro e último desta temporada. A eliminación da Copa a mans dun equipo da Segunda RFEF e a goleada recibida no campo do Andorra acenderon as alarmas no equipo que máis temporadas leva de xeito consecutivo na Segunda División.
Hernán Pérez é o 16º técnico nas últimas 8 temporadas do @CDeportivoLugo
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) November 21, 2022
15-16 Milla/Durán
16-17 Luís César
17-18 Francisco
18-19 J.López/Monteagudo/Eloy
19-20 Eloy/C.Torres/Juanfran
20-21 Juanfran/Nafti/Luís César/Albés
21-22 Albés
22-23 Hernán/❓
▶ https://t.co/ggwe0QEZFZ pic.twitter.com/SDdIaZT3YD