Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guía para actuar ante un apagamento

Guía para actuar ante un apagamento

Evitar desprazamentos innecesarios

Usar o móbil só para o imprescindible

Desconectar aparatos eléctricos

EFE EFE
G24.gal 28/04/2025 16:27 Última actualización 28/04/2025 16:53

O apagamento masivo que sofre España sorprendeu toda a poboación. As recomendacións para unha situación coma a presente pasan por reducir ao máximo os desprazamentos innecesarios. A Dirección Xeral de Tráfico fixo un chamamento para evitar coller o coche.

Ante o previsible regreso do fluído eléctrico os servizos de emerxencia lembran que é mellor desconectar os aparatos eléctricos para evitar incidencias cando volva a luz ou ante subidas da tensión.

O móbil é un elemento imprescindible nestas circunstancias, pero é recomendable reducir o seu uso para prolongar a vida da súa batería e evitar quedar desconectado. En varias comunidades os Servizos de Emerxencias piden que as chamadas ao 112 sexan só para o máis urxente.

Ter candeas é tamén unha boa opción, pero cómpre ter cautela con elas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade