Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gómez-Reino deixa o liderado de Podemos: non será cabeza de lista nas primarias

Gómez-Reino deixa o liderado de Podemos: non será cabeza de lista nas primarias

A candidatura oficialista estará liderada por quen ata o de agora era o seu adxunto na dirección, Borja San Ramón

G24.gal 24/11/2022 12:59

O actual líder de Podemos Galicia e deputado no Congreso, Antón Gómez-Reino, decidiu dar un paso atrás e non concorrer como cabeza de lista ás primarias internas de Podemos, polo que a candidatura oficialista estará liderada por quen ata o de agora era o seu adxunto na dirección, Borja San Ramón.

Así o confirmou a Efe San Ramón, que liderará a candidatura Tecer Galicia e que tamén será o aspirante á alcaldía de Ferrol por Podemos.

San Ramón, moi activo nos círculos de Podemos, dará a coñecer o seu proxecto proximamente, no que estará acompañado polo propio Gómez-Reino, que será o número tres da lista, despois de ser o líder da formación en Galicia durante catro anos.

O segundo posto ocuparao a ata o de agora secretaria de Feminismos e de coordinación de Política Territorial, Verónica Hermida.

O ata o de agora número dous da formación decidiu dar este paso ao contar “co apoio de persoas que traballaron comigo na dirección galega” pero “tamén co da militancia activa que se estivo deixando a pel para dar vida a Podemos Galicia nun momento político de dificultades”.

Polo momento presentáronse outras dúas precandidaturas para liderar a formación, unha encabezada por Iria Rodríguez Leirós e outra por Gonzalo Busquei Lorenzo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos