Publicador de contidos

Publicador de contidos

Golazo de Cotilla para certificar o triunfo do Arousa en Móstoles

Golazo de Cotilla para certificar o triunfo do Arousa en Móstoles

G24.gal 12/12/2021 14:42

O Arousa gañou no campo do Móstoles e rompeu unha serie de dúas xornadas sen gañar (1-2). Fíxoo grazas a un golazo do lateral Sergio Cotilla que acertou cun gran lanzamento coa esquerda mediado o segundo tempo.

Adiantáronse os de Otero ao pouco de principiar o partido grazas a un gol en propia porta logo do centro de Julio Rey. O Móstoles acumulou oportunidades ata que Álvaro Portilla marcou o empate nunha xogada moi protestada polos arlequinados ao entenderen que viña precedida dunha falta sobre Piay. 

O gol de Cotilla acabou por decidir e asentou a un Arousa que aguantou ata o final e logrou tres puntos moi importantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade