Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Non podemos conceder nin o segundo nin o terceiro gol"

Giráldez: "Non podemos conceder nin o segundo nin o terceiro gol"

O técnico celeste, con todo, destacou a reacción do seu equipo ao 0-1 porque “despois do 1-1 tivemos momentos moi bos en que non acertamos"

Foto EFE
G24.gal 10/11/2025 17:51 Última actualización 10/11/2025 18:03

Claudio Giráldez, adestrador do Celta, sinalou que dúas accións defensivas “moi corrixibles” no segundo e terceiro gol do Barcelona condenaron o seu equipo ante o conxunto azulgrá.

“Non podemos conceder o segundo nin o terceiro gol. Iso é ao que me refería con estar perfectos. Estivemos moi ben en bloque baixo en moitos momentos, pero non nos pode rematar Lewandowski entre dous centrais nosos e non nos poden facer unha última acción en que o balón se pasea por diante con malas axudas por fóra. Son dúas accións moi corrixibles”, explicou.

O técnico celeste, con todo, destacou a reacción do seu equipo ao 0-1 porque “despois do 1-1 tivemos momentos moi bos en que non acertamos, situacións para min moi vantaxosas con eles pasándoo mal, incómodos no campo e perdendo moitos balóns”.

“Neses momentos tivemos moitas situacións de campo aberto para poder atacar, coa liña deles descoordinada. Aí estivo o momento do partido para nós”, explicou.

Giráldez, ademais, fixo autocrítica por non retirar antes o internacional español Óscar Mingueza. 

"Non se estaba atopando ben. Tivo problemas gástricos antes do partido, e tiña que cambialo no minuto 40. Quixemos non gastar a ventá antes do descanso, e aí non se axustou ese corredor, Rashford fíxonos moito dano neses momentos finais do primeiro tempo”, sentenciou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos