Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Estamos nunha liña ascendente"

Giráldez: "Estamos nunha liña ascendente"

O técnico do Celta asegurou que el “non sabe nada” do traspaso de Borja Iglesias

G24.gal 22/07/2025 16:02 Última actualización 22/07/2025 16:45

Claudio Giráldez, adestrador do Celta, destacou este martes, tras lograr a primeira vitoria da pretemporada ante o Nacional da Madeira (2-0), a “liña ascendente” do seu equipo.

“Creo que hai cousas positivas, pero tamén temos que fixarnos no que aínda está verde. Estamos nunha liña ascendente. O partido era para gañar de maneira máis doada, pero non estivemos precisos nesa finalización, nesa definición do último terzo”, manifestou en conferencia de prensa.

O técnico celeste dixo que os seus xogadores necesitan mellorar “preto das dúas áreas”, algo que está convencido que conseguirán coa acumulación de minutos.

“As pernas vanse atopando mellor, e iso fai que vaiamos un pouquiño máis rápido e que todo estea un pouquiño máis coordinado”, indicou Giráldez.

Para o porriñés, o Celta formará un equipo “igual de competitivo” que o curso pasado. Preguntado por se se avanzou nas negociacións co Betis para o traspaso de Borja Iglesias, Giráldez asegurou que el “non sabe nada”, pero o dianteiro santiagués segue sendo a súa primeira opción para reforzar a dianteira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade