Publicador de contidos
Publicador de contidos

Giráldez: "Chegar á eliminatoria final é un soño, non nos poñemos un teito"

Giráldez: "Chegar á eliminatoria final é un soño, non nos poñemos un teito"

Giráldez non oculta que lle encantaría adestrar algún día o primeiro equipo

G24.gal 08/06/2023 14:58 Última actualización 08/06/2023 15:05

O adestrador do Celta B, Claudio Giráldez, sinalou este xoves que afrontan "con tranquilidade" o partido de volta da primeira eliminatoria do playoff de ascenso a Segunda fronte ao Eldense a domicilio.

"Corriximos algunhas cousas. Eles van tentar cambiar o plan como fixeron na segunda parte da ida. Estamos con ganas de competir, dar unha imaxe como a da ida e pasar a eliminatoria", sinalou.

"Chegar á eliminatoria final é un soño. Todo o que veña, benvido sexa. Non nos poñemos un teito"

Aínda que con algún xogador con molestias, conta coequipo ao completo salvo Yoel Lago e Martín Calderón. Miguel Rodríguez e Carlos Domínguez, que baixan, están "con ganas de xogar e achegar". Está convencido do seu equipo pode volver competir "contra un rival potente", pero avisa:

"Alí vai ser moi distinto, a 30 graos, outro céspede e outra formulación do rival. Temos que ser nós mesmos e eles teñen que ir a por o partido. Demostraron o talento que teñen no último terzo; teñen recursos para cambiar os partidos, son un equipazo".

Giráldez non oculta que é celtista o seu "soño" é adestrar algún día ao primeiro equipo.

"Estou a prepararme para iso e logo xa decidirá a xente que está por encima. Non teño experiencia en Primeira, pero si me estou preparando. O foco non son eu, é o Celta B e os mozos", apuntou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar