Cargando resultados...
Gilsanz quere certificar a permanencia do Deportivo diante do Albacete
G24.gal
03/05/2025 14:31
Óscar Gilsanz tenta convencer o deportivismo, xogadores e afeccionados, da importancia do encontro ante o Albacete porque aínda non se ve salvado. Cecais para lembrar que o último descenso dos coruñeses produciuse con 51 puntos.
Os manchegos viaxan a Riazor con ánimo de revancha pola goleada sufrida na primeira volta.
Seis anos leva o conxunto albaceteño sen perder na Coruña onde chega nun bo momento de forma tras sumar 14 de 21 puntos e sufrir unha derrota nestes sete encontros.
O artífice desta boa xeira é o dianteiro Kofané, autor de cinco goles nas sete últimas xornadas.
Unha vitoria permitiríalle o Deportivo superar o Albacete na clasificación e poñerse a pensar en seguintes obxectivos.