Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia supera os 60.000 casos activos e aumenta a presión hospitalaria

Galicia supera os 60.000 casos activos e aumenta a presión hospitalaria

Os contaxios diarios descenden con respecto ao día anterior

Jessica Fernández Yaiza López 07/01/2022 10:08 Última actualización 20:42

Os casos activos seguen aumentando e xa superan os 60.000. En total, hai 61.635 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios descenden con respecto a onte, rexistrándose 4.106 persoas contaxiadas nas últimas 24 horas

Pola súa parte, a repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 11.597 (+562)

Vigo: 13.559 (+283)

Ourense: 7.454 (+290)

Santiago: 11.355 (+265)

Lugo: 6.182 (+211)

Pontevedra: 7.494 (+140)

Ferrol: 3.994 (+193)

En canto á presión hospitalaria, esta aumenta notablemente con respecto a onte en planta (+18), pero redúcese nas UCI (-2). Así, hai 394 persoas ingresadas, 243 e 51 respectivamente.

O Sergas notificou o falecemento de oito persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con elas, o número de vítimas mortais ascende a 2.813 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Oa persoas finadas son unha muller de 85 anos e dous homes de 93 e 88 anos no CHUVI, un home de 88 anos no CHUAC, un varón de 78 anos en Povisa, un varón de 91 anos no CHUO, unha muller de 69 anos no CHUS e unha muller de 93 anos no HM La Rosaleda de Santiago.

Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos