Publicador de contidos

Publicador de contidos

 Galicia supera os 6 millóns de doses de vacinas administradas

 Galicia supera os 6 millóns de doses de vacinas administradas

A esta cifra chégase logo das 27.500 que se puxeron este luns 

Esta tarde retómase a vacinación infantil

G24.gal 11/01/2022 16:31

Galicia acada unha nova marca histórica no proceso de vacinación contra a covid-19 e supera xa os 6 millóns de doses de vacinas administradas contra a covid-19. Son, para ser exactos, 6.018.889 doses.

A esta cifra chégase logo das 27.500 que se puxeron este luns en toda a comunidade. 730 delas serviron para completar pautas de vacinación.

E esta tarde retómase a vacinación infantil. A idea é que esta semana se poñan 36.000 doses máis aos nenos de entre 5 e 11 anos, para cubrilos a todos coa primeira dose.

En Galicia xa a teñen posta máis do 50 por cento dos cativos desa idade: é a porcentaxe máis elevada de toda España, onde a incidencia acumulada nesta idade roza xa os tres mil puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade