Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia remata o ano superando os 40.000 casos activos, pero cunha baixada nos ingresos

Galicia remata o ano superando os 40.000 casos activos, pero cunha baixada nos ingresos

Os contaxios diarios marcan un novo máximo: 5.861.

A área de Vigo supera os 10.000 casos activos

Jessica Fernández 31/12/2021 10:18 Última actualización 20:19

Os casos activos seguen aumentando no último día do ano e xa superan os 40.000, ao detectarse 4.891 persoas máis coa infección activa. En total, hai  41.800 persoas con coronavirus en Galicia.

Os contaxios diarios marcan un novo máximo, ao superar a cifra de onte, e soben ata os 5.861.

Pola súa parte, a repartición de probas diagnósticas positivas é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 7.466 (+828)

Vigo: 10.403 (+1.058)

Ourense: 4.423 (+518)

Santiago: 7.936 (+1.198)

Lugo: 3.556 (+407)

Pontevedra: 5.581 (+588)

Ferrol: 2.435 (+294)

A ocupación hospitalaria mantense estable, cun ingreso menos ca o día anterior en planta, polo que segue habendo 50 persoas nas UCI e 270 en planta, un total de 320.

O Sergas notificou este último día do ano o falecemento dunha muller na xornada de onte. Tiña 95 anos, presentaba patoloxías previas e perdeu a vida no CHOP. Con ela, o número de vítimas pola covid aumenta a 2.765 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos