Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta recomenda manter a máscara nos partios ata polo menos o 15 de marzo

A Xunta recomenda manter a máscara nos partios ata polo menos o 15 de marzo

Galicia tamén manterá corentenas e rastrexos unha semana máis

O Conselleiro dixo que hai que adaptar a nova medida e criticou que non se enmarque nun cambio xeral do modelo de xestión

 

 

G24.gal 02/03/2022 14:57

O Goberno e as comunidades analizan esta tarde no Consello Interterritorial de Saúde a posibilidade de eliminar as máscaras nos interiores dos colexios.

Hai varias comunidades, Andalucía, Madrid ou Cataluña, que son partidarias de que as máscaras se vaian eliminando nos colexios de forma progresiva. En principio por tramos de idade, empezando polos máis cativos e rematando cos de bacharelato.

Desta forma, despois da Semana Santa desaparecerían xa de forma definitiva e, polo tanto, recuperaríase a normalidade nos centros escolares. En Galicia aínda se mantén a recomendación do uso nos patios.

A máscara é unha das últimas medidas que permanecen en vigor e esta semana o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, xa anunciou que, sen data concreta, se eliminará moi pronto a obriga do seu uso en interiores. Hai expertos que din que se deben agardar unhas semanas máis para dar ese paso.

Galicia revisará o uso da máscara nos patios escolares a partir do 15 de marzo

En Galicia, independentemente do que se decida no Comité Interterritorial, vaise manter a máscara, mesmo no exterior. 

O comité clínico revisará a partir do 15 de marzo o seu uso nos patios escolares. Nesa data está previsto que os nenos menores de 11 anos teñan xa pauta completa. Así o explicou o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña.

Os rastexos tamén se van manter en Galicia, dixo Comesaña

A proposta galega para o acurtamento do período de illamento dos infectados, dos sete días actuais a só cinco, non se debaterá finalmente na Interterritorial de Saúde ata a semana que vén. 

O conselleiro de Sanidade considera que esta medida debería ser previa á supresión das corentenas anunciada onte na Comisión Nacional de Saúde Pública e que podería supoñer a fin dos traballos de rastrexo dos contactos estreitos. 

"Isto de facer as cousas así, primeiro o final antes de facer o principio, fai que agora teñamos certas dúbidas antes de abordar esta modificación. Decidimos que ata o vindeiro luns non imos aplicar esta medida para adaptar o sistema de rastrexo a esta novidade", dixo o conselleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade