Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Palmás decide un partido de tolos no Couto (4-3)

Gabri Palmás decide un partido de tolos no Couto (4-3)

Sete goles e un feixe de oportunidades entre o Ourense C. F. e o Burgos Promesas

G24.gal 12/02/2023 20:58

O Ourense C. F. levou os tres puntos nun dos partidos máis tolos e espectaculares de toda a temporada (4-3). O Burgos Promesas foi a por todas coa súa situación dramática e adiantouse cun tanto de penalti (discutido) de López Pinto. Tamén polémico foi o do empate, cun remate de Ebuka en loita co porteiro burgalés. 

A segunda parte aumentou a secuencia de ocasións e de goles. Capelete fixo o segundo para o Ourense (minuto 60) e dez minutos máis tarde empataba Lucas Ricoy. 

Chegamos ao intre decisivo no 87, cando apareceu Gabri Palmás para axustar un remate desde a frontal e marcar o terceiro. O propio Palmás, no 91, parecía sentenciar o encontro co cuarto. Habería tempo para un gol máis, o de Del Cerro, pero o gañador non mudou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade