A Coruña fai un ano como zona de mercado residencial tensionado
Os expertos din que moitos propietarios por medo deixaron o alugueiro tradicional e cambiárono polo de temporada
Na páxina web do Ministerio de Vivenda podemos coñecer o prezo máximo de alugueiro dunha vivenda nunha zona tensionada. Dende que se declarou na Coruña, freou o encarecemento.
Os profesionais das inmobiliarias estiman que os alugueiros se reduciron entre 40 e 50 euros de media; o problema é que tamén baixou o número de vivendas en alugueiro tradicional. Ademais de beneficios fiscais, apostan por ofrecer máis garantías aos propietarios para que confíen no alugueiro de longa duración.
Na Coruña, a zona de mercado residencial tensionado estará vixente ata o 30 de xullo de 2028 e as normas son diferentes para pequenos e grandes propietarios.