Fredi Alvarez: a remuda de Claudio no Fortuna tamén estaba na casa
O cangués estaba na estrutura do club desde había anos e era o adestrador do Celta C Gran Peña
Os cambios no primeiro equipo do Celta afectan tamén ao filial. Fredi Álvarez colle as rendas do Celta Fortuna substituíndo a Claudio Girález. O ata o de agora preparador do Celta C recibe un equipo en postos de promoción de ascenso a Segunda División.
"O club está a tomar decisións importantes en canto á canteira, e que os adestradores teñamos estas oportunidades é moi ilusionante".
"O noso obxectivo ten que ser formar xogadores e que estean preto de dar o salto ao primeiro equipo".
Fredi é un adestrador moi experimentado que coñece á perfección o fútbol galego. Aprendeu a carón de Juan Carlos Andrés no Alondras, que posteriormente dirixiu. Deu o salto ao Compostela co que ascendeu a Segunda B. Pasou polo filial do Celta e logo foise ao Izarra, daquela no Grupo II da Segunda B. Nos últimos anos viña traballando nos equipos xuvenís do Celta ata que este ano colleu o Gran Peña, na Terceira Federación.