Fran Justo colle o sacho, consciente de que a permanencia pasa polo Anxo Carro
O técnico ourensán atende á TVG e asegura que os dez partidos que quedan como locais van a ser decisivos
O luns cumpriranse dous meses desde a chegada de Fran Justo ao Lugo, un tempo que lle serviu para incorporar este lema á súa pauta de traballo: "Isto é Lugo e aquí hai que sachar".
O técnico agárrase ao efecto Anxo Carro, toma asento e consegue que lle cadren as contas de cara á salvación: "Van ser tremendamente importantes cada unha das dezanove xornadas que quedan, fundamentais, e máis aínda se cabe, cada unha das dez que imos xogar aquí no Anxo Carro, coa nosa xente, no noso estadio, e sabemos que a permanencia pasa por aquí".
O reto comeza por un rival directo como o Vilarreal B, que leva catro xornadas sen gañar, perdeu os tres últimos partidos e venceu na primeira volta por tres a un, pero que o adestrador ourensán ten profundamente estudado.