Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo anuncia unha ofensiva contra Sánchez na rúa e no Congreso

Feijóo anuncia unha ofensiva contra Sánchez na rúa e no Congreso

 O PP rexistra a solicitude de comparecencia do presidente do Goberno no Congreso para que dea explicacións sobre a presunta "corrupción económica" do seu Goberno, do seu partido e da súa contorna

Feijóo anuncia que levará o CIS aos tribunais pola enquisa flash sobre intención de voto

Prepara novas mobilizacións na rúa "para defender a liberdade"

Feijóo reuniu no Congreso a deputados e senadores
G24.gal 30/04/2024 14:28 Última actualización 30/04/2024 15:12

O Partido Popular activou toda a maquinaria contra o presidente do Goberno tras a súa "non dimisión". Nunha reunión con Deputados e Senadores no Congreso, o líder do PP anunciou novas medidas de choque contra o que considera unha ofensiva do Goberno para "cambiar de réxime e que Sánchez poida perpetuarse no poder". 

A primeira, xa está en marcha. O Partido Popular rexistrou no Congreso a solicitude de comparecencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez,  para dar explicacións sobre a presunta "corrupción económica" do seu Goberno, do seu partido e do seu núcleo persoal.  E se os socios o protexen, Feijóo avisa que "comparecerá no Senado, pero terá que dar a cara tantas veces como sexa necesario para contestar ás nosas preguntas". O líder da oposición denuncia que o xefe do executivo vai agora "pola liberdade" para perpetuarse na Moncloa. 

Unha segunda medida será denunciar ao CIS nos tribunais pola enquisa flash sobre intención de voto que fixo trala retirada do xefe do executivo a repensar o seu futuro.  A cousa non queda aí. Os de Feijóo volverán a rúa "para defender a liberdade". E ampliarán o seu plan de rexeneración e calidade democrática para propor "blindar o xornalismo libre, a independencia da xustiza, prohibir calquera acusación de lawfare e reforzar as condicións de transparencia para a contorna familiar dos presidentes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade