Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo afirma que Delcy Rodríguez, "cómplice da ditadura", non pode dirixir Venezuela

Feijóo afirma que Delcy Rodríguez, "cómplice da ditadura", non pode dirixir Venezuela

O presidente do PP defende o liderado de Edmundo González e María Corina Machado

Critica, o líder dos populares, que o Goberno de Sánchez renuncie a “enfrentarse á tiranía de Maduro”

Alfonso Rueda pide un futuro próspero e libre para Venezuela 

Imaxe de arquivo de Alberto Núñez Feijóo. EFE/Zipi Aragón
G24.gal 04/01/2026 16:34 Última actualización 04/01/2026 19:52

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este domingo que a vicepresidenta executiva do Goberno de Nicolás Maduro, Delcy Rodríguez, "non pode" dirixir Venezuela porque foi "cómplice e protagonista da ditadura, a corrupción e o saqueo" do país e representa o seu "pasado máis escuro".

Feijóo publicou un comunicado na súa conta da rede social X no que asegura que a continuidade de Delcy Rodríguez "non sería máis que unha operación de continuidade do réxime".

Por iso, reiterou que Edmundo González Urrutia e María Corina Machado representan "a vía democrática, pacífica e constitucional para que Venezuela recupere a súa liberdade".

Denunciou, así mesmo, que o Goberno de España renunciou " ás súas bazas diplomáticas e o seu liderado moral para enfrontarse á tiranía de Maduro", e criticou que "a influencia e o respecto que España perdeu neste proceso serán difíciles de recuperar".

Feijóo reafirmou "os compromisos e os valores que España defende" e incidiu no seu respecto ao Estado de dereito, incluído o dereito internacional, "ao que desde logo non poden apelar quen tolerou, cando non habilitado e axudado, ao réxime criminal de Maduro".

O presidente do PP tamén lembrou aos miles de presos que están nos cárceres venezolanos, "entre eles unha vintena longa de cidadáns españois cuxo único delito foi desexar a liberdade e pelexar por ela democraticamente".

Por iso, sinalou que a cuestión do exilio debe atenderse, así como os intereses españois en Venezuela: "Seremos firmes na súa defensa, a miúdo comprometida polas amizades perigosas de parte da esquerda española", incidiu.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade