Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo acepta un cara a cara con Sánchez, pero rexeita imposicións

Feijóo acepta un cara a cara con Sánchez, pero rexeita imposicións

Sánchez propón un cara a cara semanal con Feijóo ata o 23X; o PP fala de "excentricidade"

Bolaños: "O proxecto de Feijóo é destrutivo, é facer que o noso país retroceda"

G24.gal 06/06/2023 10:12 Última actualización 06/06/2023 15:21

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, está disposto a manter un debate cara a cara co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pero rexeita imposicións de quen, di, ten problemas para dar mitines ou saír á rúa.

Argumenta Feijóo que "os debates non se obrigan", senón que se "negocian", haberá "un cara a cara entre Sánchez e eu. Espero que acepte e a partir de aí deixe aos xefes de campaña decidir formato, cando e onde", afirmou o presidente dos populares nunha entrevista con Onda Cero.

O líder do PP avogou por esperar aos criterios de proporcionalidade da Xunta Electoral e a saber que candidaturas se presentan e por exemplo quen se presenta por Podemos, por Sumar ou se haberá un "Sumar Podemos ou non".

Vista a resposta de Feijóo, o PSOE volve meter presión, e xa aceptou participar en catro "cara a cara" solicitados por outros tantos medios. A María Jesús Montero, ministra de Facenda, parécelle que o líder popular "accedeu a un dos debates e vai un pouco forzado". Cre a socialista que o candidato do PP "séntese máis cómodo nunha campaña que se desenvolva no insulto, a mentira, o infundio, as noticias falsas". "Non ten sentido que se agoche", engadiu.

Este martes coñecéronse máis detalles do programa do Partido Popular para as eleccións xerais. Alberto Núñez Feijóo asegurou que vai derrogar "bastantes leis", entre elas, a trans e a de memoria democrática.

Xa lle respondeu o ministro do ramo, Félix Bolaños. "É bastante evidente que o proxecto político do señor Feijóo é derrogar, é destrutivo, é facer que o noso país retroceda", asegurou na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.

O líder do PP tamén lle mandou unha proposta de volta a Pedro Sánchez: que ningún dos dous se presente á investidura se non son a forza máis votada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade