Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un neno de cinco anos no incendio dunha vivenda en Almoradí (Alacante)

Falece un neno de cinco anos no incendio dunha vivenda en Almoradí (Alacante)

O meniño vivía cos seus avós, que foron asistidos por inhalación de fume e trasladados a un centro hospitalario con vida

G24.gal 25/03/2022 07:37

Un neno de cinco anos faleceu no incendio dunha vivenda en Almoradí (Alacante), no que tamén quedaron feridos un home e unha muller, ambos de entre 60 e 65 anos.

O equipo médico do Samu realizou a reanimación cardiopulmonar avanzada e outras técnicas de recuperación ao menor, que finalmente faleceu, mentres que as outras dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital Vega Baixa de Orihuela tras seren asistidas por inhalación de fume.

O Centro de Información e Coordinación de Urxencias (CICU) informou de que foi avisado do suceso ás 20:50 horas deste xoves e trasladou ao lugar a dúas unidades do Samu e unha unidade de Soporte Vital Básico. Así mesmo, detallou que o equipo sanitario do Soporte Vital Básico atendeu no lugar do incendio unha policía local do municipio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos