Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o académico e intelectual Basilio Losada aos 92 anos

Falece o académico e intelectual Basilio Losada aos 92 anos

G24.gal 10/07/2022 16:18

Nun comunicado, a Real Academia Galega lamenta o pasamento do seu académico de honra, natural de Láncara.

Emigrante en Cataluña dende cativo, foi o primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona e referencia obrigada da cultura galega en Cataluña dende os anos 60.

Como tradutor, contribuíu á proxección exterior das nosas letras e deixa un importante legado como divulgador e investigador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade