Publicador de contidos

Publicador de contidos

Exteriores convoca o embaixador de Irán para esixirlle que cesen os ataques a outros países

Exteriores convoca o embaixador de Irán para esixirlle que cesen os ataques a outros países

O Goberno español asegura que os Estados Unidos non utiliza as bases de Rota e Morón na operación contra o réxime iraniano

José Manuel Albares, ministro español de Exteriores (EFE/Daniel González)
G24.gal 02/03/2026 14:50

O Ministerio de Exteriores afirma que non se lle prestarán aos Estados Unidos as bases conxuntas de Rota e Morón para o que considera un ataque unilateral que non respecta o dereito internacional.

Ao mesmo tempo censura tamén a resposta de Irán. Este mesmo luns o ministro convocou o seu embaixador en España "para trasladarlle o noso rexeitamento e condena desas accións inxustificadas de Irán cara aos países de Oriente Medio e Chipre", segundo explicou o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares.

Polo momento, España descarta implicarse militarmente no conflito. "Cada país toma as súas decisións", asegura Albares.

Sumar pecha filas co socio da coalición. Lara Hernández, coordinadora do Movemento Sumar, cre que primeiro hai que instar a Unión Europea a que actúe "pola vía diplomática".

Mentres, o PP pídelle ao Goberno que non sexa ambiguo. "España debe estar sen matices xunto as democracias liberais", afirmou en conferencia de prensa a súa vicesecretaria Carmen Fúnez. "Ao final, algo falla cando os inimigos das liberdades aplauden o Goberno de Pedro Sánchez", engadiu a dirixente popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade