Publicador de contidos
Publicador de contidos

Exhibición do Bergantiños diante dun dos favoritos ao ascenso

Exhibición do Bergantiños diante dun dos favoritos ao ascenso

Os de Carballo mallaron no Avilés (4-1) nas Eiroas cun dobrete de David Álvarez

G24.gal 08/09/2024 20:26

O Bergantiños realizou un gran fútbol e colleitou unha vitoria de moito mérito diante do poderoso Real Avilés, que acababa de gañarlle ao Coruxo na primeira xornada. O protagonista do triunfo foi o centrocampista David Álvarez, que marcou os dous primeiros goles, o inicial cun gran lanzamento de falta. 

Cos asturianos contra as cordas aproveitou o equipo de Carballo para facer sangue e aumentar a vantaxe ata o 4-1 cos tantos de Omar e Antañón. O Avilés só puido maquillar o resultado na última xogada do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos