Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacúan os 18 tripulantes do palangreiro O Brisán despois de varar nun banco de area no Freixo, Outes

Evacúan os 18 tripulantes do palangreiro O Brisán despois de varar nun banco de area no Freixo, Outes

Dirixíanse ata un estaleiro para reparar unha avaría

A bordo ía a totalidade da tripulación porque estaba previsto que despois emprendesen rumbo ao Gran Sol

G24.gal 08/03/2024 10:06

O palangreiro de Ribeira O Brisán foi reflotado esta madrugada despois de varar nun banco de area no Freixo. Os seus 18 tripulantes foron rescatados na tarde deste xoves cando se dirixían ata un estaleiro de Outes para repara unha avaría.

A bordo ía a totalidade da tripulación que traballa no pesqueiro porque estaba previsto que despois emprendesen rumbo ao Gran Sol. Unha embarcación do estaleiro foi quen rescatou os tripulantes.

Inicialmente non se detectou que o barco sufrise danos como consecuencia do incidente. Houbo que esperar á preamar das 2:00 horas da madrugada deste venres para reflotar o palangreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar