Cargando resultados...
Eva Veiga: "A ocupación do poema é esa busca, ese axexar na greta"
O poemario A Raíz devén de escoita atenta e da perplexidade ante unha linguaxe que non pode dicir
Trátase dun libro, editado en versión bilingüe, en que vida e morte constrúen en concerto, desconcertándose
G24.gal
03/11/2025 21:00
'Non escribirás o xogo astuto das palabras, nin te ha de cinguir ás súas regras'... Eva Veiga convídanos neste libro a escribir e a ler nas pulsacións, a buscar no lapso, na greta porque "esta é a única ocupación do poema".
Trátase dun libro, editado en versión bilingüe, en que vida e morte constrúen en concerto, desconcentrándose.