Publicador de contidos

Publicador de contidos

Europa di que as vacinas non chegan para frear a ómicron e pide máis restricións

Europa di que as vacinas non chegan para frear a ómicron e pide máis restricións

Agárdase que a nova variante sexa dominante en cuestión dun mes

Países como o Reino Unido marcan cifras máximas de contaxios en toda a pandemia

G24.gal 16/12/2021 07:51

O Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades pide protexer a poboación máis vulnerable ante a rápida expansión da variante ómicron.

Di que só coas vacinas non se frean os contaxios, non hai tempo suficiente.  E por iso, pide aos gobernos que actúen xa con novas restricións. Insístese na necesidade da máscara, o teletraballo e evitar aglomeracións.

Di que veñen meses difíciles. Xa hai transmisión comunitaria da variante ómicron en Europa e podería ser a dominante en poucas semanas. A mediados de xaneiro, segundo a presidenta da Comisión Europea. Como se contaxia máis, dispara as posibilidades de afectar a poboación máis vulnerable, apertar os hospitais e aumentar as mortes.

Estase vendo, por exemplo, no Reino Unido, coas cifras máis altas de contaxios de toda a pandemia. Con máis de 78.000 novos casos nun só día, segundo as últimas cifras, os expertos agardan récord de hospitalizacións poucos días despois do Nadal. 

Tamén a Organización Mundial da Saúde advirte de que a variante ómicron se expande a un ritmo nunca visto antes e recomenda limitar as reunións, repensar as viaxes e facer unha proba ante a máis mínima sospeita dun posible contaxio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade