Publicador de contidos

Publicador de contidos

Neste 2024 notificáronse 400 ciberataques en Galicia, tantos como en todo o pasado ano

Neste 2024 notificáronse 400 ciberataques en Galicia, tantos como en todo o pasado ano

As administracións públicas son o branco preferido dos ciberdelincuentes

O Parlamento Europeo acaba de aprobar unha lei para reforzar a capacidade da UE fronte a estes delitos 

G24.gal 27/04/2024 12:38 Última actualización 27/04/2024 13:33

No que vai de ano, a Xunta e as administracións locais galegas notificaron preto de 400 ciberataques ao Centro Criptolóxico Nacional. Son só os máis relevantes. E tantos como os rexistrados en todo 2022.

"Os que traballamos en ciberseguridade dicimos que a seguridade total non existe, sempre hai a probabilidade de ter algún problema, algún incidente, por moitas medidas de seguridade que se poñan, que normalmente son tomadas polas administracións públicas. O realmente importante é ter a capacidade de poder recuperarse e de reaccionar de forma axeitada cando ocorre un ciberataque, porque tarde ou cedo vai chegar", explica Gustavo Herva, xefe de Seguridade da AMTEGA.

Avances tecnolóxicos ligados á intelixencia artificial poden axudar a detectar ataques pero os ciberdelincuentes tamén se aproveitan deles.

"Cada vez é máis habitual a utilización dos denominados 'deepfake' de voz ou de imaxe, falsificar a voz ou a imaxe dunha persoa para enganar a unha terceira persoa e sacarlle información ou conseguir acceder aos seus sistemas", asegura.

A Xunta ten presupostados 9 millóns de euros este ano para ciberseguridade. Vai empezar a construírse o centro de excelencia no Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas.

Ademais, investiranse 19 millóns nos próximos anos para reforzar a seguridade nos drons e nos vehículos conectados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade