Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA din que o envío de tropas europeas non afecta ao seu plan sobre Groenlandia

Os EUA din que o envío de tropas europeas non afecta ao seu plan sobre Groenlandia

Este venres hai unha nova reunión en Dinamarca para intentar achegar posturas 

G24.gal 16/01/2026 07:50

O goberno dos Estados Unidos di estar satisfeito coas negociacións abertas con Dinamarca e Groenlandia. Pero na práctica non cambian nada e seguen adiante cos plans para facerse coa illa, aínda que Europa aumente a presenza militar na zona. Confirmouno a voceira da Casa Branca en conferencia de prensa.

Este venres segue a vía diplomática. Hai unha reunión en Dinamarca con políticos estadounidenses para intentar achegar posturas. 

Os habitantes de Groenlandia consideran insultantes as ameazas de Trump e xa sen ven polas rúas camisetas coa mensaxe de que non están á venda. A mesma que repite o primeiro ministro. "Non queremos ser parte dos Estados Unidos", dixo emocionado e respondéronlle cunha ovación cidadáns groenlandeses reunidos en Copenhague. 

Teñen o apoio da Unión Europea.  Bruxelas di que Groenlandia, como parte de Dinamarca, está cuberta pola cláusula de defensa mutua. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade