Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esta temporada de Giráldez empeza como a de Benítez: cinco puntos en sete partidos

Esta temporada de Giráldez empeza como a de Benítez: cinco puntos en sete partidos

Son dúas derrotas, cinco empates e ningunha vitoria, co engadido do mal debut europeo

G24.gal 30/09/2025 14:31 Última actualización 30/09/2025 14:36

É unha comparación dolorosa para o celtismo, pero esta segunda temporada de Giráldez empeza en números como a de Benítez. Cinco puntos en sete partidos; neste caso, dúas derrotas, cinco empates e ningunha vitoria, co engadido do mal debut europeo.

Hai dúas temporadas o Celta de Benítez sumaba os mesmos 5 puntos. Iso si, gañara un partido, pero perdera catro.

Giráldez, idolatrado polo celtismo e coa Madroa por bandeira, asume a responsabilidade, pero peor sería sen o grande estado de forma de Borja Iglesias, que marcou en Elxe o seu cuarto gol na liga... despois de salvar a imaxe en Stuttgart. E tamén o nivel de Radu. O porteiro empeza a convencer os detractores, que agora se arrepinten e piden desculpas tirando de humor... dúas noticias positivas para confiar na remonta do Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar