España somete a Xeorxia e acada un triunfo cómodo (2-0)
Malia a errar un penalti na primeira metade, Yeremy Pino adiantou aos de De la Fuente
Oyarzábal acadou o tanto de tranquilidade na segunda metade
Borja Iglesias entrou no minuto 65
A selección española sumou tres puntos máis no seu camiño cara a vindeira Copa do Mundo de EEUU, Canadá e México. Fíxoo cun cómodo triunfo sobre Xeorxia nun Martínez Valero ateigado. O combinado de Luis de la Fuente dominou desde o comezo, e axiña comezou a achegarse polos dominios de Mamardashvili. Seguiu á busca do gol España e este chegou axiña, no minuto 24. O seu autor, Yeremy Pino.
Despois chegaría unha gran ocasión para ampliar a renda. Foi cunha pena máxima do porteiro sobre Ferrán, que non viu o árbitro pero si o VAR. O lanzamento tivo aos mesmos protagonistas e, desta volta, Mamardashvili saiu victorioso detendo o balón
Co marcador a favor, os españois non levantaron o pé e seguiron á busca do segundo.
Puido chegar, xa na continuación, nunha dobre ocasión que incriblemente rexeitou o poste en dúas ocasións, primeiro cun disparo de Dani Olmo, e logo noutro de Oyarzábal. Pero desquitouse o xogador da Real, que anotaba o segundo cun lanzamento de falta espectacular.
O resto do encontro deixou a entrada do campo de Borja Iglesias no minuto 65 en substitución de Oyarzábal. O do Celta tivo algunha opción de marcar, pero volveu disputar minutos dous anos despois da súa última presenza na selección.
Co 2-0 final, a selección suma pleno de triunfos, 3, con 11 goles a favor e ningún á contra. Suma 9 puntos.