Cargando resultados...
España é o país europeo coa maior incidencia, con 2.434 casos por cada cen mil habitantes
Nas UCI hai en toda España 1.983 ingresados

G24.gal
05/01/2022 11:40
O número de casos positivos non para de medrar e España é xa o país europeo coa maior incidencia.
Ata o luns o Reino Unido ía por diante, pero dende onte España lidera esta clasificación por ser con 2.434 casos por cada cen mil habitantes, o país europeo coa maior incidencia.
A variante ómicron golpea España. Ademais do número de casos, onte preto de 118.000, os hospitais xa superan nesta sexta onda os pacientes hospitalizados das dúas anteriores. Agora hai case trece mil. Pero hai que ter en conta que a incidencia actual é dez veces máis ca na cuarta onda e case cuadruplica a da quinta. Nas UCI hai en toda España 1.983 ingresados.