Publicador de contidos

Publicador de contidos

España deixará de pedirlles certificado de vacinación aos turistas non europeos

España deixará de pedirlles certificado de vacinación aos turistas non europeos

"É cuestión de días", di a ministra Maroto 

G24.gal 19/05/2022 21:34

En cuestión de días España deixará de pedirlles o certificado covid aos turistas non europeos como fai xa a maioría dos países da Unión Europea. Son palabras da ministra Reyes Maroto, que considera que esta medida podería estar freando a chegada destes visitantes. Un test negativo seralles abondo. 

"É un elemento que estamos agora mesmo rematando de perfilar, agardemos que nos días vindeiros xa sexa efectivo e, sen dúbida, dará moito impulso ao noso sector turístico  pero sempre mantendo a seguridade nas viaxes. Por iso, imos flexibilizar, pero imos esixir esa proba negativa", declarou Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar