Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esixente mes de febreiro para o Celta á procura de afastarse do descenso

Esixente mes de febreiro para o Celta á procura de afastarse do descenso

Betis, Atlético e Real Sociedade serán tres rivais moi duros para os de Carvalhal

G24.gal 31/01/2023 21:13

Á marxe do mercado e con el xa pechado, o Celta ten por diante un mes de febreiro esixente. Enfrontarase a tres rivais da zona noble, situados entre os seis primeiros clasificados: Betis, Atlético de Madrid e Real Sociedade, que pelexan por meterse en Champions. E pechará o mes ante un rival directo na loita por afastarse do descenso: o Valladolid, empatado a 20 puntos cos celestes.

Na primeira volta os vigueses só sumaron 3 dos 12 puntos disputados nos duelos con estes 4 equipos. A única vitoria lográrona en Balaídos, fronte o Betis, grazas a un solitario gol de Gabri Veiga. Un Betis que ten que xogar este mércores fronte o Barcelona o partido adiado pola Supercopa. Os outros tres enfrontamentos perdeunos o Celta, dous por goleada. 4-1 apañou no Metropolitano e en Zorrilla. En Balaídos a Real Sociedade venceu pola mínima, co resultado de 1-2.

Así pois o Celta afronta en febreiro un exame de altura coa presión da zona de descenso a un só punto de distancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade