Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escobar culmina o acoso do Arenteiro sobre a portería do Oviedo

Escobar culmina o acoso do Arenteiro sobre a portería do Oviedo

G24.gal 24/09/2022 20:12

No regreso a Espiñedo o Arenteiro acadou o triunfo diante do Oviedo Vetusta grazas a un gol marcado por Antón Escobar no minuto 74. O gol de Escobar culminou o acoso ao que someteu o equipo do Carballiño ao seu rival que apenas puido xerar perigo sobre a porta de Diego García e aguantou a duras penas o xogo do Arenteiro. 

A única mágoa para o equipo de Fran Justo foi a falta de acerto en ataque. O propio Escobar, Pibe, Álex Fernández ou Lamelas tiveron oportunidades para encamiñar moito antes unha vitoria que debeu ser máis ampla. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar